Nokia 5250 - Aumento da duración da batería

background image

Aumento da duración da batería

Neste dispositivo existen moitas funcións que aumentan o consumo de enerxía e

reducen a duración da batería. Para aforrar enerxía da batería, teña en conta o

seguinte:

O consumo de enerxía da batería aumenta coas funcións que utilizan a

conectividade Bluetooth, ou cando se permite que estas funcións se executen

en segundo plano mentres utiliza outras. Desactive a conectividade Bluetooth

cando non a necesite.

Se seleccionou

Conexión paquetes datos

>

Se está dispoñible

nos axustes

de conexión e non existe cobertura de paquete de datos (GPRS), o dispositivo

tenta establecer periodicamente unha conexión de paquete de datos. Para

aumentar a duración do funcionamento do teléfono, seleccione

Conexión

paquetes datos

>

Se cómpre

.

Se a potencia do sinal da rede móbil varía considerablemente na súa zona, o

dispositivo buscará a rede dispoñible repetidamente. Isto aumenta o consumo

da enerxía da batería.

A luz de fondo da pantalla aumenta o consumo da enerxía da batería. Nos

axustes de pantalla, é posible axustar o brillo da pantalla e modificar o tempo

de espera tralo cal se apaga a luz de fondo. Seleccione

Menú

>

Axustes

e

Teléfono

>

Pantalla

>

Brillo

ou

Duración luz

.

Deixar que as aplicacións se executen en segundo plano aumenta o consumo

de enerxía da batería. Para acceder as aplicacións que non está usando,

manteña premida a tecla de menú e seleccione a aplicación.