Nokia 5250 - Códigos de acceso

background image

Códigos de acceso

Se esquece algún dos códigos de acceso, póñase en contacto co seu fornecedor de

servizos.
Código PIN (número de identificación persoal) — Este código protexe a súa tarxeta

SIM de usos non autorizados. O código PIN (de 4 a 8 díxitos) fornécese normalmente

xunto coa tarxeta SIM. Se insire o código PIN de xeito incorrecto tres veces

consecutivas, o código bloquearase e necesitará o código PUK para desbloquealo.

Código PIN2 — Este código (de 4 a 8 díxitos) fornécese xunto con algunhas tarxetas

SIM e requírese para acceder a algunhas funcións do dispositivo.

Código de bloqueo (tamén chamado "código de seguridade") — O código de

bloqueo axúdalle a protexer o dispositivo contra o uso non autorizado. O código

predeterminado é 12345. Pode crear e cambiar o código e axustar o dispositivo para

solicitar o código. Garde o código novo nun lugar secreto e seguro lonxe do

dispositivo. Se esquece o código e o dispositivo se bloquea, requirirase asistencia

técnica. É posible que se apliquen tarifas adicionais e que se eliminen todos os datos

persoais do dispositivo. Para obter máis información, póñase en contacto cun punto

de atención Nokia Care ou co distribuidor do dispositivo.

Código PUK (clave de desbloqueo persoal) e PUK2 — Estes códigos (8 díxitos)

requírense para modificar un código PIN ou PIN2 bloqueado, respectivamente. Se

os códigos non se fornecen coa tarxeta SIM, póñase en contacto co fornecedor de

servizos de rede ao que pertence a tarxeta SIM inserida no teléfono.

Número IMEI (International Mobile Equipment Identity, Identidade Internacional de

Equipo Móbil) — Este número (de 15 ou 17 díxitos) emprégase para identificar

dispositivos válidos na rede GSM. Os dispositivos que, por exemplo, foran roubados

pódense bloquear para impedir que teñan acceso á rede. O número IMEI do seu

dispositivo atópase debaixo da batería.

Axuda 13