Memoria libre
Para ver canto espazo hai dispoñible para os distintos tipos de datos, seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Oficina
>
Xestor fichs.
.
Moitas funcións do dispositivo usan memoria para almacenar datos. O dispositivo
avisa se as distintas memorias se están esgotando.
14 Axuda
Para eliminar datos que xa non necesita, use o Xestor de ficheiros ou abra a
aplicación correspondente. Pode eliminar o seguinte:
•
Mensaxes dos cartafoles de Mensaxería e mensaxes de correo electrónico
recuperadas da caixa de correo
•
Páxinas web gardadas
•
Información de contacto
•
Notas do calendario
•
Aplicacións amosadas no Xestor de aplicacións que non necesita
•
Ficheiros de instalación (.sis ou .sisx) de aplicacións que instalou. Transfira os
ficheiros de instalación a un ordenador compatible.
•
Imaxes e videoclips da Galería. Garde unha copia de seguridade dos ficheiros
nun ordenador compatible.