
Axustes de chamada
Axustes de chamada
Seleccione
Menú
>
Axustes
. Seleccione
Chamando
>
Chamada
e unha das
seguintes opcións:
148 Axustes

Enviar a miña identidade — Seleccione
Si
para amosar o seu número de teléfono
á persoa á que está a chamar. Para empregar o axuste acordado co fornecedor de
servizos, seleccione
Fixar pola rede
(servizo de rede).
Chamada en espera — Permite activar o teléfono para notificarlle as chamadas
entrantes mentres se atopa noutra chamada (servizo de rede) ou comprobar se esta
función está activada.
Rexeitar chamada mens. — Permite activar o rexeitamento dunha chamada e o
envío dunha mensaxe de texto para informar á persoa que chama do motivo polo
que non puido responder á chamada.
Texto da mensaxe — Permite escribir a mensaxe de texto estándar que se enviará
ao rexeitar unha chamada.
Rechamada automática — Permite configurar o dispositivo para que realice un
máximo de 10 intentos para conectar a chamada despois dun intento de chamada
sen éxito. Para deter a rechamada automática, prema a tecla Fin.
Amosar duración cham. — Permite amosar a duración dunha chamada durante
o transcurso desta.
Resumo tras chamada — Permite amosar a duración dunha chamada unha vez
rematada.
Marcación rápida — Permite activar a marcación rápida.
Calquera tecla responde — Permite activar a resposta mediante calquera tecla.