Axustes de captura e gravación
Para abrir a vista de axustes da captura e da gravación antes de facer unha fotografía
ou de gravar un videoclip, seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Cámara
e .
A vista de axustes de captura e de gravación dispón de accesos directos a diferentes
elementos e axustes antes de facer unha fotografía ou de gravar un videoclip.
Ao pechar a cámara, restablécense os axustes predeterminados de captura e de
gravación.
Seleccione unha das opcións seguintes:
—
Permite seleccionar a escena.
ou —Permite cambiar entre o modo de vídeo e de imaxe.
Cámara 93
ou — Permite amosar ou ocultar a cuadrícula do visor (só imaxes).
—
Permite activar o temporizador automático (só imaxes)
—
Permite activar o modo de secuencia (só imaxes).
—
Abra Galería.
Axustes de imaxe:
— Permite seleccionar un efecto de cor.
— Permite axustar o balance de brancos. Permite seleccionar as condicións de
iluminación actuais. Isto permite que a cámara reproduza as cores de xeito
máis exacto.
— Permite axustar a compensación da exposición (só imaxes). Se está a
enfocar un motivo escuro en contraste cun fondo moi luminoso, como a
neve, axuste a exposición en +1 ou +2 para compensar o brillo do fondo.
Cos motivos brillantes situados contra un fondo escuro, utilice os axustes
-1 ou -2.
— Permite axustar a sensibilidade á luz (só imaxes). Aumente a sensibilidade
da luz en condicións de iluminación baixas para evitar obter imaxes
demasiado escuras e borrosas. Ao aumentar a sensibilidade á luz tamén
pode aumentar o ruído da imaxe.
— Permite axustar o contraste (só imaxes). Permite axustar a diferenza entre
as zonas máis claras e as máis escuras da imaxe.
— Permite axustar a nitidez (só imaxes).
A visualización da pantalla cambia segundo os axustes que estableza.
Os axustes de captura son específicos do modo de captura. O cambio dun modo a
outro non restablece os axustes definidos.
Se selecciona unha escena nova, os axustes de captura substituiranse pola escena
seleccionada. É posible cambiar os axustes de captura despois de seleccionar unha
escena se é necesario.
94 Cámara
En caso de que modifique os axustes do zoom, da iluminación ou da cor, é posible
que o tempo de almacenamento da imaxe capturada sexa superior.