
Captura de imaxes
Cando realice a captura dunha imaxe, teña en conta o seguinte:
•
Utilice as dúas mans para evitar que a cámara se mova.
•
A calidade das imaxes sobre as que se aplicou o zoom dixital é inferior á das
imaxes sobre as que non se aplicou.
•
A cámara pasa ao modo de aforro de enerxía se non se realiza ningunha acción
aproximadamente un minuto. Para continuar capturando imaxes, seleccione
Continuar
.
Para capturar unha imaxe, leve a cabo as seguintes accións:
1 Para pasar do modo de vídeo ao de imaxe, se é necesario, seleccione >
.
2 Para capturar unha imaxe, prema a tecla Capturar. Non mova o dispositivo antes
de que se garde a imaxe e se amose a imaxe final na pantalla.
Para ampliar ou reducir unha imaxe durante a captura, utilice o control deslizante
do zoom.
Para deixar a cámara aberta en segundo plano e utilizar outras aplicacións, prema
a tecla Menú. Para volver á cámara, manteña premida a tecla Capturar.