Música Ovi
Mediante Música Ovi (servizo de rede), é posible procurar, examinar e descargar
música no seu dispositivo.
O servizo Música Ovi substituirá finalmente á Tenda de música.
Seleccione
Menú
>
Música
>
Música Ovi
.
Para descargar música, primeiro cómpre rexistrarse para o servizo.
A descarga de música pode implicar a aplicación de tarifas adicionais e a transmisión
de grandes cantidades de datos (servizo de rede). Para obter información verbo das
tarifas de transmisión de datos, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos
de rede.
Suxestión: É posible que resulte máis rápido descargar música ao seu ordenador
en primeiro lugar e, a continuación, usar un cable de datos USB compatible para
copiala no seu dispositivo.
Para acceder a Música Ovi, cómpre dispoñer dun punto de acceso á Internet válido
no seu dispositivo. Pode que se lle solicite seleccionar o punto de acceso que desexa
empregar para conectarse con Música Ovi.
A dispoñibilidade e aspecto dos axustes de Música Ovi poden variar. Do mesmo xeito,
é posible que os axustes estean predefinidos e que non poida modificalos. Cando
navegue por Música Ovi, é posible que poida modificar os axustes.
Modificar os axustes de Música Ovi
Seleccione
Opcións
>
Axustes
.
Música Ovi non está dispoñible en todos os países ou rexións.
88 Cartafol de música