Nokia 5250 - Axustes do Centro de vídeo

background image

Axustes do Centro de vídeo

Na vista principal do Centro de vídeo, seleccione

Opcións

>

Axustes

e unha das

seguintes opcións:

Selección do serviz. víd. — Seleccione os servizos de vídeo que desexa que

aparezan no Centro de vídeo. Tamén pode engadir, eliminar, editar e ver os detalles

dun servizo de vídeo. Non é posible editar servizos de vídeo preinstalados.

Axustes da conexión — Para definir o destino de rede empregado para a conexión

de rede, seleccione

Conexión de rede

. Para seleccionar manualmente a conexión

cada vez que o Centro de vídeo abre unha conexión de rede, seleccione

Preguntar

sempre

.

Para activar ou desactivar a conexión GPRS, seleccione

Confirmar uso de GPRS

.

Para activar ou desactivar a itinerancia, seleccione

Permitir itinerancia

.

Control de idade — Permite establecer un límite de idade para os vídeos. O

contrasinal requirido é o mesmo que o código de bloqueo do dispositivo. O código

de bloqueo predeterminado é 12345. Nos servizos de vídeo baixo petición,

ocúltanse os vídeos que teñan un límite de idade igual ou superior ao que estableza.

Miniaturas — Permite seleccionar se desexa que se descarguen e vexan imaxes en

miniatura nas fontes de vídeo.