Subscrición aos servizos
Seleccione
Menú
>
Comp. liña
.
Para subscribirse a un servizo de uso compartido en liña, acceda ao sitio web do
fornecedor de servizos e comprobe que o teléfono sexa compatible co devandito
servizo. Cree unha conta seguindo as instrucións que se indican no sitio web.
Recibirá un nome de usuario e un contrasinal necesarios para configurar o seu
dispositivo coa conta.
1 Para activar un servizo, abra a aplicación Compartir en liña do seu dispositivo,
seleccione un servizo e
Opcións
>
Activar
.
2 Permita ao dispositivo crear unha conexión de rede. Se se lle solicita indicar un
punto de acceso á Internet, seleccione un da lista seguinte.
3 Siga as instrucións indicadas no sitio web do fornecedor de servizos para iniciar
sesión na súa conta.
Para obter información acerca da dispoñibilidade e custos dos servizos de terceiros
e dos custos da transferencia de datos, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos ou cun terceiro.