
Axustes de paquetes de datos
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Axustes admin.
>
Paquetes
datos
.
Os axustes do paquete de datos afectan a todos os puntos de acceso que empregan
unha conexión de paquete de datos.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Conexión paquetes datos — Se selecciona
Se está dispoñible
e se atopa nunha
rede que admite paquetes de datos, o dispositivo rexistrarase na rede do paquete
de datos. O inicio dunha conexión de paquete de datos activa (por exemplo, para
enviar e recibir correos electrónicos) faise de xeito máis rápido que se o dispositivo
establece unha conexión de paquete de datos cando a precisa. Se non hai cobertura
de paquetes de datos, o dispositivo intenta establecer de forma periódica unha
conexión de paquete de datos. Se selecciona
Se cómpre
, o dispositivo utilizará unha
conexión de paquete de datos só se inicia unha aplicación ou acción que a necesita.
Punto de acceso — O nome do punto de acceso é necesario para utilizar o
dispositivo como un módem de paquete de datos para un ordenador compatible.