Nokia 5250 - Envío de datos mediante Bluetooth

background image

Envío de datos mediante Bluetooth

Pódense activar varias conexións Bluetooth ao mesmo tempo. Por exemplo, se está

conectado a uns auriculares compatibles, pode transferir ficheiros a outro

dispositivo compatible ao mesmo tempo.
1 Abra a aplicación na que se atope almacenado o elemento que desexa enviar.

2 Toque nun elemento e seleccione

Opcións

>

Enviar

>

Por Bluetooth

.

122 Conectividade

background image

Amosaranse os dispositivos con tecnoloxía sen fíos Bluetooth que se atopen

dentro do seu alcance. As iconas dos dispositivos son as seguintes:

ordenador

teléfono

dispositivo de vídeo ou de son

outros dispositivos

Para interromper a busca, seleccione

Deter

.

3 Seleccione o dispositivo co que desexa conectar.

4 Se o outro dispositivo realiza unha petición de vinculación para poder transferir

os datos, escóitase un son e solicítase inserir un código. Cómpre introducir o

mesmo código nos dous dispositivos.

Cando se establece a conexión, amósase a mensaxe

Enviando datos

.

Suxestión: Cando se realiza a busca dos dispositivos, é posible que algúns só

amosen o enderezo único (enderezo do dispositivo). Para atopar o enderezo único

do teléfono, insira *#2820#.