
Números e enderezos predeterminados
Pode asignar números ou enderezos predeterminados a un contacto. Se un contacto
posúe varios números ou enderezos, pode chamalo ou enviarlle unha mensaxe de
xeito doado a un número ou enderezo determinado. O número predeterminado
tamén se utiliza no marcado por voz.
1 Na lista de contactos, seleccione un contacto.
2 Seleccione
Opcións
>
Predeterminados
.
3 Seleccione un predeterminado ao que desexa engadir un número ou un
enderezo e seleccione
Asignar
.
4 Seleccione un número ou un enderezo que desexe establecer como
predeterminado.
5 Para saír da vista Predeterminados e gardar os cambios, puntee a pantalla fóra
da vista.