Nokia 5250 - Dereitos de autor e outros avisos

background image

Dereitos de autor e outros avisos

DECLARACIÓN DE CONFORMIDADE

Pola presente, NOKIA CORPORATION afirma que este produto RM-684 cumpre cos requirimentos básicos e con outras

condicións relevantes da Directiva 1999/5/CE. Pódese consultar unha copia da Declaración de conformidade na páxina

http://www.nokia.com/phones/declaration_of_conformity/.

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

Nokia, Nokia Connecting People, Nokia Care e Ovi son marcas comerciais ou marcas comerciais rexistradas de Nokia

Corporation. Nokia tune é unha melodía rexistrada de Nokia Corporation. O resto de produtos e nomes de compañías

mencionados neste documento poden ser marcas comerciais ou marcas comerciais rexistradas dos seus respectivos

propietarios.

A reprodución, transferencia, distribución ou almacenaxe de todo ou parte dos contidos deste documento, de calquera

modo e sen o previo consentimento por escrito de Nokia está prohibido. Nokia opera cunha política de desenvolvemento

continuo e resérvase o dereito a efectuar modificacións e melloras en calquera dos produtos descritos neste documento

sen previo aviso.

Java and all Java-based marks are trademarks or registered trademarks of Sun Microsystems, Inc.

Este produto autorízase baixo a licenza MPEG-4 Visual Patent Portfolio License que permite ao usuario (i) o uso persoal e

non comercial en conexión con información que se codificou cumprindo co estándar visual MPEG-4 por un usuario nunha

actividade persoal e non comercial e (ii) o uso en conexión con vídeo MPEG-4 proporcionado por un fornecedor de vídeo

con licenza. Non se concede ningunha licenza nin se implica para calquera outro uso. É posible obter información adicional,

incluíndo a relacionada cos usos promocionais, internos e comerciais, de MPEG LA, LLC. Visite a páxina http://

www.mpegla.com.

NA MÁXIMA MEDIDA PERMITIDA POLA LEXISLACIÓN APLICABLE, NIN NOKIA NIN NINGÚN DOS SEUS LICENZANTES SE

RESPONSABILIZARÁ BAIXO NINGUNHA CIRCUNSTANCIA DA PERDA DE DATOS OU INGRESOS NIN DE NINGÚN DANO ESPECIAL,

INCIDENTAL, CONSECUENTE (LUCRO CESANTE) INDIRECTO, INDEPENDENTEMENTE DA SÚA CAUSA.

162 Dereitos de autor e outros avisos

background image

OS CONTIDOS DESTE DOCUMENTO FORNÉCENSE "TAL CAL". SALVO QUE ASÍ O ESIXA A LEI APLICABLE, NON SE OFRECERÁ NINGÚN

TIPO DE GARANTÍA, EXPRESA OU IMPLÍCITA, INCLUÍDA, PERO SEN LIMITARSE A ELA, A GARANTÍA IMPLÍCITA DE COMERCIABILIDADE

E ADAPTACIÓN A UN PROPÓSITO CONCRETO CON RESPECTO Á EXACTITUDE, FIABILIDADE E CONTIDO DESTE DOCUMENTO EN

CALQUERA MOMENTO SEN PREVIO AVISO. NOKIA RESÉRVASE O DEREITO DE REVISAR OU RETIRAR ESTE DOCUMENTO EN CALQUERA

MOMENTO SEN PREVIO AVISO.

A enxeñería inversa do software do dispositivo está prohibida na medida permitida pola lexislación aplicable. Na medida

en que esta guía de usuario contén limitacións nas representacións, garantías, danos e responsabilidade de Nokia, é moi

probable que as limitacións mencionadas limiten as representacións, as garantías e os danos e responsabilidades dos

outorgantes de licenza de Nokia.

A dispoñibilidade de aplicacións, produtos e servizos concretos pode variar segundo a rexión xeográfica. Póñase en

contacto co seu distribuidor Nokia para coñecer os detalles e a dispoñibilidade dalgúns idiomas. Este dispositivo pode

conter elementos, tecnoloxía ou software suxeitos á lexislación de exportación e ás normativas dos Estados Unidos e

doutros países. Queda prohibida calquera alteración contraria ás disposicións da lexislación correspondente.

AVISO DA FCC
É posible que o dispositivo provoque interferencias nos televisores ou aparatos de radio (por exemplo, se utiliza un

teléfono preto dun equipo receptor). É posible que a FCC lle esixa que deixe de utilizar o teléfono no caso de que non se

poidan eliminar as mencionadas interferencias. Se necesita asistencia técnica, póñase en contacto co centro de servizo

técnico local. Este dispositivo cumpre coa sección 15 do regulamento da FCC. O seu funcionamento está suxeito ás dúas

condicións seguintes: (1) Este dispositivo non debe provocar interferencias perigosas e (2) este dispositivo debe aceptar

as interferencias recibidas, incluídas as que provoquen un funcionamento non desexado. Calquera cambio ou

modificación que non se aprobe de xeito expreso por Nokia podería anular a autorización do usuario para utilizar este

equipo.

Algunhas operacións e funcións dependen da tarxeta SIM e/ou da rede, das MMS ou da compatibilidade dos dispositivos

e dos formatos de contido admitidos. Algúns servizos están suxeitos a tarifas independentes.

É posible que o dispositivo dispoña de favoritos e ligazóns de sitios web de terceiras partes preinstalados. Tamén é posible

acceder a outros sitios web de terceiras partes mediante o dispositivo. Os sitios web de terceiras partes non teñen ningún

tipo de relación con Nokia, polo que Nokia non asumirá ningunha responsabilidade correspondente a eles. Se decide

acceder aos sitios mencionados, deberá tomar precaucións relacionadas coa seguridade ou cos contidos.

/Edición 3.0 GL

Dereitos de autor e outros avisos 163