
Entrada de texto preditivo
Coa entrada preditiva, pode inserir calquera letra cunha soa tecla de selección. A
entrada de texto preditivo baséase nun dicionario incorporado ao que se poden
engadir palabras novas. A entrada de texto preditivo non está dispoñible en todos
os idiomas.
1 Para activar a entrada de texto preditivo para tódolos editores do dispositivo,
seleccione
>
Activar predición
. Tamén pode seleccionar >
Activar
texto preditivo
.
Escribir texto 53

2 Para escribir a palabra desexada, use as teclas 2-9. Seleccione só unha vez cada
tecla para inserir cada letra. Por exemplo, para escribir "Nokia" cando se atopa
seleccionado o dicionario en galego, toque 6 para inserir o "N", 6 para o "o",
5 para o "k", 4 para o "i" e 2 para o "a".
A suxestión da palabra cambia despois de cada selección de tecla.
3 Cando acabe de escribir a palabra correctamente, mova o cursor á dereita para
confirmala ou seleccione 0 para engadir un espazo.
Se a palabra non é correcta, prema * varias veces para ver as palabras
correspondentes que o dicionario atopou unha por unha.
Se o carácter ? se amosa despois da palabra, significa que a palabra non está
no dicionario. Para engadir unha palabra ao dicionario, seleccione
Soletrear
,
insira a palabra mediante a entrada de texto tradicional e seleccione
Aceptar
.
A palabra engadirase ao dicionario. Cando o dicionario está cheo, as palabras
novas substitúen ás palabras máis antigas.
4 Comece a escribir a seguinte palabra.