Accións na pantalla táctil
Tocar e tocar dúas veces
Normalmente, para abrir unha aplicación ou outro elemento da pantalla táctil, terá
que tocalo co dedo ou co estilete, mais para abrir os elementos seguintes, cómpre
tocar neles dúas veces.
•
Elementos de lista dunha aplicación, como o cartafol Borrador da lista de
cartafoles de Mensaxería
Suxestión: Ao abrir unha vista de lista, xa estará resaltado o primeiro elemento.
Para abrir o elemento resaltado, tóqueo unha vez.
•
Aplicacións e cartafoles do menú ao empregar o tipo de vista de lista
26 Introdución
•
Ficheiros dunha lista, por exemplo, unha imaxe na vista de vídeos e imaxes na
Galería.
Se toca nun ficheiro ou un elemento similar unha vez, non se abre, resáltase.
Para ver as opcións dispoñibles para o elemento, seleccione
Opcións
ou, de
estar dispoñible, seleccione unha icona na barra de ferramentas.
Seleccione
Nesta documentación para o usuario, por "seleccionar" enténdese abrir aplicacións
ou elementos tocando neles unha ou dúas veces. Se precisa seleccionar varios
elementos nunha secuencia, os elementos de menú que se van seleccionar
sepáranse mediante frechas.
Para seleccionar
Opcións
>
Axuda
, puntee
Opcións
, e a continuación, puntee
Axuda
.
Arrastrar
Para arrastrar un elemento, tóqueo co dedo ou co estilete e deslíceo pola pantalla.
Para desprazarse cara arriba ou cara abaixo por unha páxina web, arrastre a páxina
co dedo ou co estilete.
Introdución 27
Esvarar co dedo horizontalmente
Para esvarar co dedo horizontalmente, deslice o dedo ou o estilete rapidamente na
pantalla cara á esquerda ou á dereita.
Cando estea a ver unha imaxe, para ver a seguinte ou a anterior, deslícea cara á
esquerda ou á dereita respectivamente.
Esvarar co dedo horizontalmente para desbloquear a pantalla táctil
Para desbloquear a pantalla táctil sen responder unha chamada, esvare co dedo
horizontalmente da dereita á esquerda. O ton de chamada silenciarase
automaticamente. Para responder a chamada, prema a tecla de chamada, ou para
rexeitala, prema a tecla Fin.
Esvarar co dedo horizontalmente para responder unha chamada
Para responder unha chamada entrante, esvare co dedo horizontalmente da
esquerda á dereita.
Esvarar co dedo horizontalmente para deter unha alarma
Para deter unha alarma que está a soar, esvare co dedo horizontalmente da
esquerda á dereita. Para que se repita a alarma, esvare co dedo horizontalmente
da dereita á esquerda.
28 Introdución
Desprazarse
Para desprazarse cara arriba ou abaixo polas listas que dispoñan dunha barra de
desprazamento, arrastre o control deslizante da barra de desprazamento.
Nalgunhas vistas de listas pode desprazarse colocando o dedo ou o estilete nun
elemento da lista e arrastrándoo cara arriba ou abaixo.
Para desprazarse polos contactos, coloque o dedo ou o estilete nun contacto e
arrástreo cara arriba ou abaixo.
Suxestión: Para ver unha descrición curta dunha icona, coloque o dedo ou o estilete
na icona. As descricións non están dispoñibles para todas as iconas.
Luz de fondo da pantalla táctil
Logo dun período de inactividade, a luz de fondo da pantalla táctil apágase.
Para acendela, toque a pantalla.
De estaren bloqueadas as teclas e a pantalla táctil, ao tocar esta non se acenderá a
luz de fondo da pantalla.
Para desbloquear a pantalla e as teclas, deslice o interruptor de bloqueo.
Introdución 29