
Inserción da tarxeta SIM e a batería
Importante: Para evitar danos na tarxeta SIM, retire sempre a batería antes
de inserir ou extraer a tarxeta.
Importante: Non empregue unha tarxeta SIM mini-UICC, tamén coñecida
como tarxeta micro-SIM, unha tarxeta micro-SIM cun adaptador ou unha tarxeta SIM
que dispoña dun interruptor mini-UICC (consulte a ilustración) neste dispositivo.
Unha tarxeta micro-SIM é máis pequena que a tarxeta SIM estándar. Este dispositivo
non admite o uso de tarxetas micro-SIM e o uso de tarxetas SIM incompatibles pode
danar a tarxeta ou o dispositivo e pode corromper os datos almacenados na tarxeta.
Introdución 15

1 Quite a tapa posterior.
2 Se a batería está inserida, retírea.
Extracción segura. Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes
de extraer a batería.
3 Insira a tarxeta SIM. Asegúrese de que a zona de contacto da tarxeta se atope
orientada cara arriba.
4 Utilice o estilete para introducir a tarxeta correctamente. Debería aliñarse coa
imaxe da zona do compartimento da batería.
16 Introdución

Se a tarxeta SIM non está colocada axeitadamente, o teléfono só se poderá
empregar no perfil Desconectado.
5 Coloque de novo a batería.
6 Para volver colocar a tapa posterior, dirixa os pasadores superiores cara a
cadansúas fendas e prema ata que a tapa encaixe no seu lugar.
Introdución 17