Axustes de mensaxes de texto
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
e
Opcións
>
Axustes
>
Mensaxe texto
.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Centros de mensaxes — Permite ver unha lista de todos os centros de mensaxes
de texto que se definiron.
Centro mensaxes en uso — Permite seleccionar que centro de mensaxes desexa
usar para entregar mensaxes de texto.
Codificación caracteres — Para utilizar a conversión de caracteres a outro sistema
de codificación cando estea dispoñible, seleccione
Soporte reducido
.
Informe de recepción — Permite seleccionar se desexa que a rede envíe informes
de entrega das mensaxes (servizo de rede).
Validez das mensaxes — Permite seleccionar durante canto tempo desexa que o
centro de mensaxes reenvíe a súa mensaxe se non o consegue a primeira vez
70 Mensaxería
(servizo de rede). Se a mensaxe non se pode enviar dentro deste período de validez,
elimínase do centro de mensaxes.
Mensaxe enviada como — Para obter información acerca de se o seu centro de
mensaxes pode converter as mensaxes de texto nestes outros formatos, póñase en
contacto co seu fornecedor de servizos.
Conexión preferida — Permite seleccionar a conexión que desexa usar.
Resp. desde mesmo ctro. — Permite seleccionar se desexa que a mensaxe de
resposta se envíe usando o mesmo número do centro de mensaxes de texto (servizo
de rede).