
Axustes de mensaxes multimedia
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
e
Opcións
>
Axustes
>
Mensaxe multimedia
.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Tamaño da imaxe — Permite definir o tamaño das imaxes das mensaxes
multimedia.
Modo creación MMS — Se selecciona
Guiado
, o dispositivo informaralle de que se
intenta enviar unha mensaxe, pode que non sexa admitida polo destinatario. Se
selecciona
Restrinxido
, o dispositivo impediralle que envíe mensaxes que pode
que non sexan admitidas polo destinatario. Para incluír contido nas mensaxes sen
notificacións, seleccione
Libre
.
Punto de acceso en uso — Seleccione que punto de acceso se usa como conexión
preferida.
Recuperación multimedia — Seleccione como desexa recibir mensaxes, se está
dispoñible. Para recibir mensaxes automaticamente na súa rede propia, seleccione
Auto. rede propia
. Cando se atope fóra da súa rede propia, recibirá unha
notificación de que hai unha mensaxe para recuperar no centro de mensaxes
multimedia. Se selecciona
Sempre automática
, o dispositivo establecerá
automaticamente unha conexión de paquetes de datos activa para recuperar a
mensaxe tanto dentro como fóra da súa rede propia. Seleccione
Manual
para
recuperar mensaxes multimedia do centro de mensaxes manualmente ou
Mensaxería 71

Desactivado
para evitar recibir ningunha mensaxe multimedia. Poida que a
recuperación automática non se admita en todas as rexións.
Permitir mens. anónimas — Rexeita mensaxes de remitentes anónimos.
Recibir publicidade — Recibe anuncios por mensaxes multimedia (servizo de
rede).
Informes recepción — Mostra o estado das mensaxes enivadas no rexistro (servizo
de rede).
Denegar envío informes — Evita que o dispositivo envíe informes de entrega de
mensaxes recibidas.
Validez das mensaxes — Permite seleccionar durante canto tempo desexa que o
centro de mensaxes reenvíe a súa mensaxe se non o consegue a primeira vez
(servizo de rede). Se a mensaxe non se pode enviar dentro deste período de tempo,
eliminarase do centro de mensaxes.
O dispositivo require cobertura de rede para indicar que unha mensaxe enviada foi
recibida ou lida. Dependendo da rede e outras circunstancias, esta información non
é fiable sempre.