
Recuperación de mensaxes de correo electrónico
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
e unha caixa de correo.
Se se atopa fóra de liña, seleccione
Opcións
>
Conectar
para abrir unha conexión
coa caixa de correo remota.
Importante: Teña precaución ao abrir as mensaxes, xa que é posible que
conteñan software nocivo ou daniño para o dispositivo ou o ordenador.
1 Se ten unha conexión aberta cunha caixa de correo remota, seleccione
Opcións
>
Recuperar correo
>
Novo
para recuperar todas as mensaxes
novas,
Seleccionado
para recuperar só as mensaxes seleccionadas ou
Todo
para recuperar todas as mensaxes da caixa de correo.
Para deter a recuperación de mensaxes, seleccione
Cancelar
.
2 Para pechar a conexión e ver as mensaxes de correo electrónico fóra de liña,
seleccione
Opcións
>
Desconectar
.
66 Mensaxería

3 Para abrir unha mensaxe de correo electrónico, selecciónea. Se a mensaxe de
correo electrónico non se recuperou e vostede se atopa fóra de liña,
preguntaráselle se desexa recuperar esta mensaxe da caixa de correo.
Para ver os ficheiros anexos, abra a mensaxe e seleccione o campo do ficheiro
adxunto indicado mediante . Se o teléfono non recuperou o ficheiro anexo,
seleccione
Opcións
>
Recuperar
.
Para recuperar as mensaxes de correo electrónico automaticamente, seleccione
Opcións
>
Axustes de correo
>
Recuperación autom.
.
Axustar o teléfono para recuperar correos electrónicos automaticamente pode
implicar a transmisión de grandes cantidades de datos a través da rede do seu
fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para obter
información acerca das tarifas de transmisión de datos.