
Crear e editar o seu perfil
Editar a información do seu perfil
Seleccione
O meu perfil
.
Ver os perfís dos seus amigos de Contactos de Ovi
Seleccione un amigo e, a continuación,
Opcións
>
Perfil
.
Os seus amigos de Contactos de Ovi poden visualizar a información do seu perfil. Os
outros usuarios de Contactos en Ovi só visualizan a seguinte información sobre o
perfil, por exemplo durante unha busca: nome e apelidos. Para modificar os seus
axustes de privacidade, diríxase a Ovi no seu PC, e inicie a sesión na súa conta Nokia.
Cambiar a imaxe de perfil
Seleccione a imaxe de perfil,
Selec. imaxe existente
e a imaxe nova. Tamén pode
editar ou eliminar a imaxe actual do perfil ou capturar unha nova.
Cambiar a súa dispoñibilidade
A súa dispoñibilidade está axustada por defecto en
Dispoñible
. Para modificar a
súa dispoñibilidade, seleccione a icona.
Contarlles aos seus amigos que está a facer neste momento
Seleccione
Qué estás facendo?
, e insira texto no campo.
Amosar aos amigos a música que está a escoitar actualmente
Seleccione
Reproducindo
. Para facelo, debe marcar nos axustes de presenza a
opción amosar información sobre a reprodución actual.
Editar a súa información de contacto
Seleccione un campo e insira texto.
Na vista o Meu Perfil, seleccione
Opcións
e escolla entre as seguintes opcións:
Mensaxería 75

Editar texto — Cortar, copiar ou pegar texto.
Cambiar — Modificar o seu estado (cando o campo de estado está seleccionado).
Desfacer cambios — Desfacer os cambios realizados na vista perfil.
As opcións dispoñibles poden variar.