
Navegación pola web
Seleccione
Menú
>
Internet
>
Web
.
Para navegar pola web, seleccione
Ir ao enderezo web
na barra de ferramentas
e introduza un enderezo web.
O navegador está en modo de pantalla completa de xeito predeterminado. Para saír
do modo de pantalla completa, toque dúas veces a icona de frecha da esquina
inferior dereita.
Algunhas páxinas web poden conter materiais, como gráficos e sons, que requiren
dispoñer dunha gran cantidade de memoria para poder ser visualizadas. Se se
esgota a memoria do teléfono mentres carga unha páxina web deste tipo, non se
amosarán os gráficos da páxina.
Para navegar polas páxinas web sen que se amosen os gráficos para aforrar
memoria e aumentar a velocidade da descarga, seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Páxina
>
Cargar contido
>
Só texto
.
Para introducir un enderezo web, seleccione
Opcións
>
Ir a
>
Nova páxina web
.
Para actualizar o contido da páxina web, seleccione
Opcións
>
Opcións de páxina
web
>
Recargar
.
Navegador web 109

Para gardar o enderezo web da páxina actual como favorito, seleccione
Opcións
>
Opcións de páxina web
>
Gardar como favorito
.
Para ver instantáneas das páxinas web que visitou durante a sesión de navegación
actual, seleccione
Atrás
(dispoñible se
Lista de historial
está activada nos axustes
do navegador e a páxina web actual non é a primeira páxina web que visita).
Para permitir ou impedir a apertura automática de varias fiestras, seleccione
Opcións
>
Opcións de páxina web
>
Bloq. fiestras emerx.
ou
Permit. fiestras
emer.
.
Para ampliar unha páxina web, toque dúas veces a pantalla.
Suxestión: Para minimizar o navegador sen saír da aplicación nin da conexión,
prema unha vez a tecla Rematar.