Nokia 5250 - Widgets

background image

Widgets

Os widgets permiten obter máis contido para o dispositivo! Os widgets son

aplicacións web pequenas que se poden descargar e que fornecen ao teléfono

material multimedia, fontes novas e outra información, como informes

meteorolóxicos. Os widgets instalados amósanse como aplicacións individuais no

cartafol Aplicacións.
Os widgets pódense descargar da web.
O punto de acceso predeterminado para os widgets é o mesmo que o do navegador

web. Cando se executan en segundo plano, algúns widgets poden actualizar

información automaticamente no dispositivo.
O uso de widgets pode implicar a transmisión de grandes cantidades de datos a

través da rede do seu fornecedor de servizos. Para obter máis información verbo

das tarifas de transmisión de datos, póñase en contacto co seu fornecedor de

servizos.