Nokia 5250 - Indicadores da pantalla

background image

Indicadores da pantalla

O dispositivo estase a utilizar nunha rede GSM (servizo de rede).

Ten unha ou máis mensaxes sen ler no cartafol da bandexa de entrada en

Mensaxería.

Recibiu un novo correo na caixa de correo remota.

Hai mensaxes en espera de ser enviadas na carpeta Caixa de saída.

Ten chamadas perdidas.

32 O dispositivo

background image

O tipo de ton está axustado en Silencio e o ton de aviso das mensaxes e dos

correos están desactivados.

Existe un perfil temporizado activo.

A pantalla táctil e as teclas están bloqueadas.

A alarma do reloxo está activa.

Todas as chamadas ao dispositivo son desviadas a outro número (servizo

de rede).

Hai uns auriculares compatibles conectados ao dispositivo.

Hai un DTS compatible conectado ao dispositivo.

Hai unha chamada de datos activa (servizo de rede).

Hai unha conexión de paquetes de datos GPRS activa (servizo de rede).

indica que a conexión está en espera e que a conexión está dispoñible.

Hai unha conexión de paquetes de datos activa nunha parte da rede que

admite EGPRS (servizo de rede). indica que a conexión está en espera e

que a conexión está dispoñible. As iconas indican que EGPRS está

dispoñible na rede, pero o seu dispositivo non está necesariamente

utilizando unha conexión EGPRS para transferir datos.

A conectividade Bluetooth está activada.

Estanse a transmitir datos mediante a conectividade Bluetooth. Cando o

indicador pestanexa, significa que o dispositivo está intentando conectarse

con outro dispositivo.

Hai unha conexión USB activa.

A sincronización está en curso.