Transferencia de contido por primeira vez
1 Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Cambio
.
2 Seleccione o tipo de conexión que desexa usar para transferir os datos e conecte
os dispositivos. Ambos os dous dispositivos deben admitir o tipo de conexión
seleccionado.
Se selecciona a conectividade Bluetooth como tipo de conexión, é posible que
necesite emparellar os dispositivos.
3 No teléfono, seleccione o contido que desexe transferir desde o outro
dispositivo.
Unha vez iniciada a transferencia, pode cancelala e continuar máis tarde.
O contido transfírese desde a memoria do outro dispositivo á posición
correspondente no teléfono. O tempo da transferencia depende da cantidade de
datos que se teñan que transferir.