
Chamadas
1 Na pantalla de inicio, seleccione
Teléfono
para abrir o teclado de marcación e
insira o número de teléfono, incluído o prefixo. Para eliminar un número,
seleccione C.
Nas chamadas internacionais, seleccione * dúas veces para inserir o carácter +
(que substitúe ao código de acceso internacional) e insira o prefixo do país, o
prefixo de área (omita o primeiro cero se fora necesario) e o número de
teléfono.
2 Para realizar a chamada, prema a tecla Chamar.
3 Para finalizar a chamada (ou para cancelar o intento de chamada), prema a tecla
Fin.
Se preme a tecla Fin, sempre se finalizará a chamada, mesmo se outra aplicación
se atopa activa.
Para realizar unha chamada desde a lista de contactos, seleccione
Menú
>
Axenda
.
Realizar chamadas 41

Vaia ao nome desexado. Tamén pode seleccionar o campo de busca, inserir as
primeiras letras ou caracteres do nome e desprazarse ata el.
Para chamar ao contacto, prema a tecla de chamada. Se gardou varios números
para un contacto, seleccione o número desexado da lista e prema a tecla Chamar.