
Servizos de rede
Para utilizar o dispositivo, cómpre dispoñer dos servizos dun fornecedor de servizos
sen fíos. Algunhas funcións non se atopan dispoñibles en todas as redes; é posible
que para poder utilizar outras funcións sexa necesario establecer acordos
específicos co seu fornecedor de servizos. Os servizos de rede implican a transmisión
de datos. Comprobe co seu fornecedor de servizos os detalles verbo de tarifas na
súa rede propia ou durante a itinerancia noutras redes. Este pode explicarlle os
importes que lle serán cargados polo servizo. É posible que algunhas redes teñan
limitacións que afecten ao modo en que se poden utilizar algunhas funcións deste
dispositivo que requiran soporte da rede, como soporte para tecnoloxías específicas
8
Seguridade

como os protocolos WAP 2.0 (HTTP e SSL) que se executan en protocolos TCP/IP e
caracteres dependentes dos idiomas.
É posible que o seu fornecedor de servizos ordenase a desactivación ou non
activación de determinadas funcións no dispositivo. En tal caso, as mencionadas
funcións non aparecerán no menú do dispositivo. Tamén é posible que o dispositivo
dispoña de elementos personalizados como os nomes ou a orde dos menús e as
iconas.
Seguridade
9